Ir o contido principal
STG

Actos de fin de carreira de Enfermaría e Filoloxía Hispánica en Lugo

Sesenta e sete alumnos da XXX Promoción de Enfermaría da Escola Universitaria de Lugo celebran este venres 25 o seu acto de fin de carreira, que se desenvolverá a partir das 18:30 horas no Auditorio da Facultade de Veterinaria. No acto intervirán o vicerreitor de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo, Pedro García Herradón; a directora da Escola de Enfermaría de Santiago de Compostela, María Jesús Núñez; o xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Calde, Francisco José Vilanova; a delegada territorial da Xunta de Galicia, Raquel Arias; e o alcalde do Concello de Lugo, José López Orozco. Tamén asistirán á celebración os padriños da promoción, o director de Enfermaría do Complexo Hospitalario Xeral-Calde, Alfredo Moreno Alegre e a directora de Enfermaría da Xerencia de Atención Primaria de Lugo, Gloria Chas Gamero, así como outras autoridades sanitarias e académicas. A enfermeira cirúrxica de transplantes do C.H.U.S., Victoria Becerra, impartirá unha conferencia sobre o rol da enfermaría nos procesos de doazón e transplante, e o acto rematará cun concerto a cargo da Coral do Hospital Xeral-Calde de Lugo. Filoloxía Hispánica

O acto de fin de carreira dos licenciados en Filoloxía Hispánica será tamén o venres 25, a partir das 20:00 horas no Salón de Actos da Facultade de Humanidades. Nel intervirán a vicerreitora adxunta para Estudos de Grao e Posgrao, María Isabel González Rey; o decano de Humanidades, Alexandre Veiga; o profesor e padriño da promoción, Javier Serrano Alonso; e Margarita Pardo de Vera, en representación dos alumnos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.06.2010.