Ir o contido principal
STG

Alumnos de Filoloxía achegan a Lugo tres pezas teatrais francesas preparadas no presente curso

Un grupo de alumnos da Facultade de Filoloxía do Campus de Santiago, no que participan varios estudantes Erasmus de orixe francesa baixo a dirección e asesoramento do profesor Manuel García Martínez, representarán este 12 de abril no Campus de Lugo un espectáculo teatral preparado durante o presente curso.

Esta actividade está organizada coa colaboración do Centro de Linguas Modernas do Campus de Lugo e a Escola Oficial de Idiomas desta cidade xunto coa Facultade de Humanidades. O espectáculo terá lugar no salón da EOI a partir das 17:30 e consistirá en dúas pezas de teatro en francés (Comédie de Becket e Notre Futur de G. Feydeau) e unha traducida ao castelán (Feu la mère de Madame de G. Feydeau). O conxunto das tres pezas terá unha duración de 1hora e 30 minutos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.04.2011.