Analizan como a simulación numérica pode axudar a comprender o comportamento dos incendios
Simulación numérica, incendios e arquitectura son os tres ingredientes que se mesturarán nun taller a celebrar este xoves 2 de decembro no Salón de Graos da Facultade de Matemáticas baixo o lema Workshop on Numerical Simulation of Building Fires. A inauguración está programada para las 9:45 horas, dando paso deseguido a quenda de intervencións. Grupos de investigación matemática, arquitectos, enxeñeiros e persoal de organismos públicos participarán neste encontro que estudará as posibilidades que a simulación numérica pode propiciar no estudo do comportamento estrutural de edificios durante un incendio. De xeito conxunto se debaterán sobre as leis dos materiais a altas temperaturas, a simulación numérica no ámbito da deformación termomecánica de estruturas durante un incendio, o software dispoñibles neste ámbito ou seguridade contra incendios. Organizan este encontro as profesoras da USC Patricia Barral e Peregrina Quintela, xunto coa docente da Coruña, Mª Cristina Naya.