Ir o contido principal
STG

O Ano Internacional da Astronomía achega aos universitarios as particularidades dos meteoritos

O Ano Internacional da Astronomía celebra o martes 10 e o mércores 11 unha nova sesión nos campus de Compostela e Lugo para desenvolver a Semana do Meteoritos. A actividade central do programa será a conferencia ‘A orixe do sistema solar á luz dos meteoritos’, a cargo de Josep Mª Trigo Rodríguez, membro do Instituto de Estudos Espaciais de Cataluña e coordinador da Rede de Bólidos e Meteoritos.
No campus de Santiago, o martes 10 ás 19:00 horas na Aula Magna da Facultade de Química, á charla seguiralle un obradoiro de recoñecemento de Meteoritos dirixido polo propio conferenciante na sede do Museo de Historia Natural.
A cita no Campus de Lugo será o mércores 11 tamén ás 19:00 horas na Aula Magna da Escola Politécnica Superior.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.03.2009.