Ir o contido principal
STG

Unha antiga usuaria da Unidade de Atención Temperá da USC narra a súa experiencia

Tratada por déficit de atención e altas capacidades artísticas, a súa intervención está enmarcada no ciclo de debates 'Choiva de ideas'

Co título 'Así atopei o meu talento', a Unidade de Atención Temperá da USC organiza este venres 21 de marzo ás 20:00 horas unha charla informativa de Carla Iglesias, antiga usuaria da Unidade que explicará en primeira persoa a súa evolución persoal e profesional neste servizo universitario. Acompañada pola directora da Unidade, a profesora María José Buceta, Carla Iglesias explicará como agora, con 17 anos, logrou enfocar todo o seu potencial cara as artes, especialmente a poesía e a música. A charla -de asistencia libre e gratuíta previa inscrición no enderezo mjosecarmen.buceta [at] usc.es (mjosecarmen[dot]buceta[at]usc[dot]es)- celebrarase nas instalacións da Unidade (na facultade de Psicoloxía) e está enmarcada no ciclo Choiva de ideas, conxunto de charlas e debates mensuais que comezou o pasado mes de novembro. Ata fin de curso tamén se realizarán charlas sobre malos tratos na infancia ou custodia compartida, entre outros temas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.03.2014.