Ir o contido principal
STG

Antonio Rial Boubeta intervirá nun grupo de especialistas para abordar a exposición da cativada a móbiles

O traballo desta agrupación de persoas expertas en distintos ámbitos é promover a utilización responsable de terminais dixitais. FOTO: Santi Alvite
O traballo desta agrupación de persoas expertas en distintos ámbitos é promover a utilización responsable de terminais dixitais. FOTO: Santi Alvite
A creación deste grupo que vai conformar o novo Ministerio de Xuventude e Infancia foi adiantada no transcurso dunha xornada sobre os retos da dixitalización nos menores, nas que o docente da USC reivindicou a necesidade de “políticas públicas responsables con altura de miras e con estratexia”
Santiago de Compostela

O profesor Antonio Rial Boubeta é unha das persoas expertas incluídas nun grupo que vai conformar o novo Ministerio de Xuventude e Infancia co fin de deseñar un plan de intervención que regule o uso responsable dos dispositivos en Internet con especial atención á poboación máis nova e a xeración de contornas dixitais seguras. A creación deste grupo foi adiantada no transcurso dunha xornada sobre os retos da dixitalización nos menores, nas que o docente da USC reivindicou a necesidade de “políticas públicas responsables con altura de miras e con estratexia”.

O traballo desta agrupación de persoas expertas en distintos ámbitos é promover a utilización responsable de terminais dixitais. Dende esta perspectiva, o seu labor estará asociado co desenvolvemento de análises traballos xa publicados en relación a tempos de uso dos dispositivos, efectos sobre a saúde mental, a perspectiva docente das novas tecnoloxías ou o papel das familias na regulación e definición de usos responsables dos dispositivos tecnolóxicos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.12.2023.