Ir o contido principal
STG

A aplicación das novas tecnoloxías á cultura centran unha xornada de traballo na USC

A Sala de Prensa do Colexio de San Xerome será nas tardes dos vindeiros días 6 e 7 de marzo un espazo de traballo no que se debaterá sobre a aplicación das novas tecnoloxías á cultura, fundamentalmente aos espectáculos escénicos (danza, teatro…). Na xornada, na que participarán especialistas das Universidades galegas e do Norte de Portugal, intervén a Fundación CEER a través do proxecto XANELA, unha plataforma online para o intercambio de coñecemento e a visibilidade de actividades que hibridan artes escénicas e mediación tecnolóxica. Paralelamente, e no marco do mesmo proxecto, terá lugar un laboratorio aberto de aplicación das TIC na danza no que se interaccionará en streaming con outros socios do proxecto en Cataluña de xeito que o resultado sexa unha obra conxunta en dous espazos (espazo Baleiro, na Facultade de Filoloxía da USC, e Fàbrica de Creació Fabra i Coats en Barcelona). Os participantes serán o Espazo de danza da USC, a aula de danza da UDC e Kónic.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.03.2013.