Ir o contido principal
STG

A Área de Deportes da USC organiza para o presente mes dúas rutas de sendeirismo

Transitarán pola península do Morrazo e pola Ribeira Sacra

A Área de Deportes da USC, dependente da Vicerreitoría de Cultura, organiza para os vindeiros días 14 e 28 dúas rutas de sendeirismo pola península do Morrazo e a Ribeira Sacra, respectivamente. O prazo de inscrición no primeiro dos itinerarios, que conta cunha lonxitude de trece quilómetros, desnivel baixo e unha dificultade media-baixa, manterase aberto ata este mércores 11.
A seguinte sesión prevista terá unha lonxitude de quince quilómetros cun desnivel e un grao de dificultade medios. Para participar nesta segunda ruta, os interesados poderán anotarse ata o mércores, día 25, na Área de Deportes da Universidade de Santiago. Os membros da comunidade universitaria e os ex estudantes deberán aboar quince euros en concepto de inscrición mentres que o prezo para o persoal alleo á USC é de vinte euros.
As saídas realizaranse dende as instalacións da Piscina Universitaria no Campus Sur ás 9:00 horas, tendo previsto o regreso a Santiago ao redor das 18:30 horas. Ademais, o mércores anterior a cada ruta celebrarase unha xuntanza ás 20:00 horas nas oficinas da Área de Deportes, tamén na Piscina Universitaria.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.04.2007.