A arqueóloga Covadonga Carreño intervén no ciclo de conferencias sobre os achados arqueolóxicos en Lugo
A arqueóloga do Concello lugués Covandonga Carreño intervén este mércores 11 no ciclo ¿Coñece vostede Lucus Augusti? que organizan a Facultade de Humanidades e a Vicerreitoría de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo. A conferencia, que leva por título ‘A forma urbis á luz dos últimos achados’, terá lugar ás 19.30 horas na Casa do Saber. O ciclo, pensado para dar a coñecer os achados arqueolóxicos do último decenio na cidade, rematará o vindeiro xoves 19.