Ir o contido principal
STG

Asemblea xeral da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC

A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC celebra este venres 10 ás 19.00 horas a súa asemblea xeral ordinaria no salón de actos da Facultade de Filosofía. Na xuntanza tratarán entre outros asuntos os orzamentos deste ano e a memoria do pasado.

Logo da asemblea propiamente dita haberá un pequeno acto de recoñecemento aos últimos socios protectores de Aresa, Álvaro Ródríguez Eiras S.L.; Bodegas Terras Gauda S.A.; El Progreso de Lugo S.L; José Otero Otero; Lápices 4 S.L.; Limpiezas Salgado S.L.; Restaurante Camilo; Tórculo e Vía Láctea Comunicación S.L.

A xornada rematará cunha conferencia de Francisco Díaz-Fierros titulada ‘O coidado da paisaxe como defensa do patrimonio natural e cultural’.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.06.2016.