Ir o contido principal
STG

A Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural entrega os premios do II Concurso de Fotografía da Natureza

A exposición e a entrega de premios realizarase no Museo de Historia Natural da USC
A exposición e a entrega de premios realizarase no Museo de Historia Natural da USC
O acto de entrega e a inauguración da exposición que contén as obras gañadoras terá lugar o venres 20 de setembro ás 19.30 horas no MHN
Santiago de Compostela

A exposición coas mellores obras participantes no II Concurso de Fotografía da Natureza impulsado pola Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural (MHN) inaugúrase este venres 20, ás 19.30 horas no propio museo situado no Parque de Vista Alegre.

No acto inaugural, farase entrega asemade dos galardóns aos premiados neste certame que se celebrou entre os meses de maio e xuño. O primeiro premio, de 300€, é para Javier Yarnoz Sánchez polo seu traballo titulado ‘Erosión’; o segundo, de 200€, para José Luis Gigirey González, pola fotografía ‘El último vuelo’, e o terceiro, de 100€, para Inés Mato Naveira por ‘O fráxil segredo’. O xurado estivo formado por fotógrafos profesionais e afeccionados con coñecementos fotográficos que elixiron os traballos premiados por votación secreta.

A Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela organizou o seu II Concurso de Fotografía da Natureza, aberto a fotógrafos afeccionados e profesionais sen límite de idade, no que se podía tomar parte con imaxes vinculadas a calquera tema relacionado coa natureza, tales como paisaxes, plantas, animais, rochas, minerais, ou organismos microscópicos, entre outros.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.05.2024.