Ir o contido principal
STG

A Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC proclama as obras gañadoras do seu II Concurso de Fotografía da Natureza

1º Premio: Erosión, de Javier Yarnoz
1º Premio: Erosión, de Javier Yarnoz
Os premios serán entregados no acto de inauguración da exposición das mellores fotografías do concurso
Lugo, Santiago de Compostela

A Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC xa ten aos gañadores do seu II Concurso de Fotografía da Natureza, celebrado nos meses de maio e xuño de 2019. O primeiro premio, de 300€, é para Javier Yarnoz Sánchez polo seu traballo titulado ‘Erosión’; o segundo, de 200€, para José Luis Gigirey González, pola fotografía ‘El último vuelo’, e o terceiro, de 100€, para Inés Mato Naveira por ‘O fráxil segredo’. O xurado estivo formado por fotógrafos profesionais e afeccionados con coñecementos fotográficos que elixiron os traballos premiados por votación secreta.

Os premios serán entregados no acto de inauguración da exposición das mellores fotografías do concurso presidido presidente da Asociación de Amigos do Museo no Museo de Historia Natural da USC (Parque Vista Alegre, 15782 Santiago de Compostela) nun acto previsto para este mes de xullo.

2º Premio: El último vuelo, de Luis Gigirey 3º Premio: O fráxil segredo, de Inés Mato

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.05.2024.