A Asociación Europea de Metodoloxía reuniu en Santiago á comunidade científica internacional da especialidade

A conferencia do profesor da Universidade de Oviedo José Muñiz titulada ‘Perspectivas actuais e retos futuros na mediación psicolóxica’ foi o acto central da sesión de inauguración do V Congreso Europeo de Metodoloxía que presidiu o reitor Juan Casares e que reuniu á comunidade científica internacional para debater cerca dos últimos avances nesta disciplina da Psicoloxía. O congreso desenvolveuse na Facultade de Psicoloxía organizado baixo os auspicios da Asociación Europea co profesor da USC Constantino Arce como presidente do comité organizador.
Estruturado en diversas sesións paralelas de comunicacións e grupos de traballo, o congreso contou ademais con tres relatorios principais doas expertos Ronald K. Hambleton, da Universidade de Massachusets (EE.UU.); Antoine de Falguerolles, da Universidade francesa Paul Sabatier; e Jimmy de la Torre, da Rutgers (EEUU).