Ir o contido principal
STG

A Asociación da Facultade de Farmacia nomea Farmacéutico Exemplar o profesor Francisco Díaz-Fierros

Díaz-Fierros, nun momento da súa intervención no Salón Nobre de Fonseca. Foto: Servimav-USC
Díaz-Fierros, nun momento da súa intervención no Salón Nobre de Fonseca. Foto: Servimav-USC

A Asociación da Facultade de Farmacia celebra este ano o seu 50 aniversario, e con ese motivo reuniuse este venres en Santiago nun encontro no que o profesor emérito da USC Francisco Díaz-Fierros recibiu o título de Farmacéutico Exemplar tanto polos seus coñecementos do solo galego e do seu tratamento como pola divulgación da cultura galega en numerosos foros institucionais.

O acto desenvolveuse no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, antiga sede da Facultade de Farmacia, e nel participaron, entre outras, a vicerreitora de Investigación e Innovación, Isabel Rodríguez Moldes; o presidente da Academia de Farmacia de Galicia, Manuel Puga Pereira, e o académico de Farmacia Florencio Moreno García.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.05.2018.