Ir o contido principal
STG

Os avances da Universidade no contexto da ensinanza no Espazo Europeo de Educación Superior, a debate na USC

A ensinanza das linguas estranxeiras nos novos títulos, o papel do defensor universitario no contexto europeo, a mobilidade internacional e a cooperación e os sistemas de xestión de calidade serán os asuntos a tratar nunha mesa redonda a celebrar o 29 de xuño na Facultade de Humanidades de Lugo.
Organizada polo grupo de investigación ‘Lingua e Cultura’ e coordinada polo profesor José Manuel Oro, no debate intervirán o profesor emérito da Universidade de Sevilla Antonio Garnica; o director do Observatorio Atrium Linguarum: Ensinanza, Aprendizaxe, Avaliación das linguas, José Manuel Vez; a defensora da Comunidade Universitaria da Universidade de Valladolid, Pilar Abad; a vicerreitora de Asuntos Exteriores da Universidade de Burgos, Inés Parga; e o asesor de xestión de calidade da Universidade de Estremadura, José Luis Oncíns.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.06.2009.