Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

STG

A Biblioteca de Química únese aos actos polo Ano Internacional da Táboa Periódica 2019 cunha mostra bibliográfica

Co gallo do Ano Internacional da Táboa Periódica 2019, a Biblioteca da Facultade de Química expón ata o mes de decembro unha escolma dos fondos bibliográficos que posúe sobre esa temática.

A mostra organízase en catro seccións independentes aínda que unidas entre si. Unha dedicada a Mendeleev, o pai do sistema periódico, outras dúas sobre a táboa periódica e os elementos químicos e unha última que dá a coñecer as mulleres que participaron no descubrimento de elementos da táboa periódica e os libros que tratan sobre elas.

A exposición poderá visitarse na planta baixa da Facultade en horario de 8:00 a 21:45 horas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.02.2019.