Ir o contido principal
STG

A Biblioteca Xeral da USC mostra algúns dos seus exemplares máis valiosos do Quixote

A Biblioteca Xeral da USC mostra algúns dos seus exemplares máis valiosos do Quixote
A Biblioteca Xeral da USC mostra algúns dos seus exemplares máis valiosos do Quixote
‘Reinterpretando o Quixote’ inaugurarase este martes 7 ás 20.00 horas no claustro alto da biblioteca

Con motivo do IV centenario da publicación da segunda parte do Quixote, o claustro alto da Biblioteca Xeral da USC acolle unha exposición con algúns dos exemplares máis valiosos que residen nos seus fondos. Dende unha edición facsímil ou o famoso Quixote con gravados de Gustave Doré, pasando por libros publicados no século XVIII e reproducións actuais ata unha curiosa edición en miniatura. Organizada por Acide –asociación sociocultural formada por antigos e recentes membros da USC– en colaboración coa Universidade compostelá, ‘Reinterpretando o Quixote’ inaugurarase este martes 7 ás 20.00 horas e permanecerá aberta ata o 30 de abril de luns a venres de 9:00 a 21:00 horas. Nese acto de apertura o catedrático de Literatura Española Luis Iglesias Feijoo pronunciará una conferencia. O valor da mostra reside no seu carácter visual xa que todas as obras se escolleron pola beleza dos seus gravados, imaxes e fotografías, alén do seu valor bibliográfico. Trátase de que o público goce dunha exposición de libros como se fosen cadros, que imaxine os capítulos a partir das ilustracións e elabore unha recreación mental que o transporte ao contido da novela. Un percorrido, por certo, que mudará cada semana ao son das diferentes fotografías dos exemplares que se irán mostrando. O Quixote nas fiestras Xunto coa exposición, os organizadores van "escribir" o inicio do Quixote nas fiestras dalgúns edificios do Concello e da USC para que a xente poida ler o texto dende a facultade de Filoloxía ata a de Filosofía (antiga facultade de filoloxía). O percorrido abarca ademais Económicas, Enfermería, Maxisterio e Medicina e outros edificios emblemáticos como a Reitoría, o Auditorio de Galicia, a Biblioteca Ánxel Casal, a Residencia Universitaria Burgo das Nacións e o CEIP López Ferreiro.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.04.2015.