As bibliotecas da Facultade de Ciencias Económicas, a Concepción Arenal e Intercentros de Lugo amplían o seu horario por mor dos exames
As bibliotecas da USC teñen dende este luns horario extraordinario por mor do inicio do calendario de exames. Concretamente, a sala de estudo da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e a Concepción Arenal no campus compostelán e a Intercentros no de Lugo terán un horario especial de 8:30 a 3:00 da madrugada por semana e de 10:00 a 3:00 sábados, domingos e festivos. O resto dos centros seguirán co seu horario habitual, de 8:30 a 21:30 horas, de luns a venres. A xornada de apertura extraordinaria estará vixente ata a noite do 21 ao 22 de febreiro, día no que remata o calendario de probas dos plans de estudo estruturados por créditos. Na festividade de San Tomé o horario de apertura das bibliotecas de Ciencias Económicas, Concepción Arenal e Intercentros será de 10:00 a 3:00.