Ir o contido principal
STG

As bibliotecas da Facultade de Ciencias Económicas, a Concepción Arenal e Intercentros de Lugo manteñen ata finais de mes o horario extraordinario

Os centros permanecen abertos de 8:30 a 3:00 horas de luns a vernes e de 10:00 a 3:00 fins de semana e festivos

As bibliotecas da USC manteñen ata finais deste mes o horario extraordinario por mor do calendario de exames. Concretamente, a sala de estudo da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e a Concepción Arenal no campus compostelán e a Intercentros no de Lugo teñen un horario especial de 8:30 a 3:00 horas da madrugada por semana e de 10:00 a 3:00 sábados, domingos e festivos. O resto dos centros seguirán co seu horario habitual, de 8:30 a 21:30 horas, de luns a venres. A xornada de apertura extraordinaria estará vixente ata a noite do 21 ao 22 de febreiro, día no que remata o calendario de probas dos plans de estudo estruturados por créditos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.02.2011.