Bota a andar a campaña ‘Libros da Universidade, agasallos de Nadal’
O Servizo de Publicacións e Intercambio Científico (SPIC) da USC pon en marcha a campaña ‘Libros da Universidade, agasallos de Nadal’ coa que pretende, ademais de poñer en valor a súa actividade coa promoción das últimas novidades, “achegar a produción editorial á comunidade universitaria en condicións especiais, propoñendo títulos moi interesantes en eidos diversos como posibles agasallos do vindeiro Nadal”, explican dende o Servizo. En concreto, a campaña ofrece, dende este martes, 15 de novembro, e ata o 22 de decembro, dous lotes de libros a prezo especial, cun 50% de desconto, ata esgotar existencias.
O Lote 1 está integrado polas obras Concepción Arenal. La mujer del porvenir. La mujer de su casa, Iglesia, mentalidad y vida cotidiana en la Compostela medieval, Epistolario de Emilia Pardo Bazán a Benito Pérez Galdós, ComPOPstela. Música moderna en Santiago (1954-1978), Lendas das terras do Eume, Los lugares secretos de los insectos, A Universidade retratada e A domus do Mitreo
Mentres que o Lote 2 conforma un especial ‘Clásicos do Pensamento Universal’ integrado por Stephen Hawking. Breve historia do tempo, Alexander von Humboldt. Cadros da natureza, Claude Lévi-Strauss. O pensamento salvaxe, Concepción Arenal. O visitador do preso, Adam Smith. A riqueza das nacións (2 vols.), Hannah Arendt. Eichmann en Xerusalén, Jean-Baptiste Lamarck. Filosofía Zoolóxica e Carl Schmitt. Teoloxía política I e II. Ex captivitate salus
Ademais, poderase adquirir unitariamente calquera dos títulos incluídos na oferta co 35% de desconto. Os pedidos realizaranse vía e-mail a fonso.vidal [at] usc.gal (fonso[dot]vidal[at]usc[dot]gal) (Asunto: Nadal. Lote 1 / Nadal Lote 2 / Nadal Lote 1, 2) ou como venda directa nas dependencias do SPIC (Casa Gradín, Campus Vida) en horario de 9.00 a 14.00h durante o período da campaña.