Ir o contido principal
STG

Bota a andar o Campus Emprende Verán 2023

Foto de familia das persoas participantes. FOTO: Santi Alvite
Foto de familia das persoas participantes. FOTO: Santi Alvite
O alumnado participante desenvolverá un proxecto empresarial a partir das ideas de negocio xurdidas en traballos fin de grao, fin de mestrado ou teses de doutoramento
Lugo, Santiago de Compostela

O Campus Emprende Verán 2023 botou a andar este luns 3, no Centro de Estudos Avanzados da USC, dirixido a estudantado que teña unha idea de negocio baseada no seu Traballo Fin de Grao (TFG), Traballo Fin de Mestrado (TFM), tese de doutoramento ou nun concepto innovador coa intención de que desenvolva un proxecto empresarial de éxito. Na sesión de apertura, participou o delegado do reitor para a Transferencia do Coñecemento, Luis Otero.

Ferramentas de xestión estratéxica que permitan analizar e crear modelos de negocio como é o caso de CANVAS, o estudo de mercado, e os plans organizativo e financeiro serán algúns dos temas abordados xunto coa exposición de exemplos emprendedores ata o vindeiro venres, 7 de xullo. As sesións no Campus de Lugo terán lugar no edificio Cactus entre os días 10 e 14 deste mesmo mes. 

A participación pode ser individual ou en equipo e a formación aposta por un modelo participativo, en horario de 10.00 a 14.00 horas, que combina a exposición de especialistas, charlas con persoas emprendedoras e titorías personalizadas telemáticas, en horario de 16.30 a 18.30 horas. Como resultado da formación, o último día de cada campus as iniciativas participantes expoñerán o seu modelo de negocio diante do claustro formativo. 
 

Na sesión de apertura, participou o delegado do reitor para a Transferencia do Coñecemento, Luis Otero. FOTO: Santi Alvite
Na sesión de apertura, participou o delegado do reitor para a Transferencia do Coñecemento, Luis Otero. FOTO: Santi Alvite
Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.07.2023.