A cadea LIDL presentará en Ciencias Económicas os seus programas de captación de estudantes
A cadea de supermercados LIDL presentará este mércores 13 os seus programas de emprego na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Deste xeito, dará a coñecer as distintas iniciativas que desenvolve de cara á incorporación de estudantes e titulados/as recentes á súa organización. A presentación comezará ás 12.00 horas na Aula B. Esta é unha iniciativa organizada pola Área de Orientación Laboral do Campus compostelá coa colaboración da propia Facultade e está dirixida a estudantes e titulados/as de Ciencias Económicas e de Administración e Dirección de Empresas. A cadea alemá conta con diversas iniciativas neste eido, como son o programa Trainee Internacional, o ‘Novos talentos’ e o de prácticas para estudantes universitarios. A presentación realizaraa o director rexional e o xerente de venda para Asturias e León.