Ir o contido principal
STG

Cara a un xornalismo máis sustentable

O profesor Óscar Rodil Marzábal, da USC, presidiu as reunións en calidade de coordinador do proxecto
O profesor Óscar Rodil Marzábal, da USC, presidiu as reunións en calidade de coordinador do proxecto
‘Sustainable Development Goals in Journalism Reporting (SDGsJR)’ é un proxecto que busca introducir os ODS na información periodística
Santiago de Compostela

O proxecto de investigación ‘Sustainable Development Goals in Journalism Reporting (SDGsJR)’ cofinanciado polo Programa Erasmus+ da Comisión Europea cun orzamento de case un millón de euros, quere introducir os Obxectivos de Desenvolvemento Sostibles (ODS) na información periodística mediante un plan de estudos de xornalismo, en liña co desenvolvemento sostible e o aumento dos coñecementos do persoal docente en metodoloxías de ensino baseadas nas TIC. O consorcio está conformado por institucións procedentes de España, Romanía, Luxemburgo, Camboxa, China e Malasia, e coordinado pola USC.

A visita á Universidade de Battambang, en Camboxa, dos investigadores Óscar Rodil Marzábal e Hugo Campos Romero, supuxo unha actualización para todos os socios do estado do proxecto e da súa evolución. Ademais, posibilitou coñecer as instalacións e equipamentos financiados nesta institución universitaria, así como o estado de implementación da actividade central do proxecto que consiste no desenvolvemento nun programa de cursos nas universidades asiáticas participantes, que sexa sostible a longo prazo e estea vinculado ás necesidades do mercado laboral e da sociedade en xeral.

Foto cos estudantes de xornalismo que recibirán a formación nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible
Foto cos estudantes de xornalismo que recibirán a formación nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible
Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.12.2022.