Carlos Costoya presenta na USC o libro 'Anécdotas de farmacéuticos'
O xornalista galego Carlos Costoya reuniu testemuños directos e experiencias de profesionais de toda España no libro Anécdotas de Farmacéuticos que este venres 6 presenta na USC logo de colleitar grande éxito nas librarías de todo o país.
Na publicación, editada por Styria, recóllense historias inverosímiles pero confirmadas por decenas de farmacéuticos de distintas comunidades e que xa forman parte do anecdotario colectivo deses profesionais.
A presentación, que se desenvolverá ás 13:00 horas no Salón de Graos da Facultade de Farmacia, contará ademais coa presenza do vicerreitor de Cultura, Elias Torres, e do decano do centro, Juan Torres Labandeira.
Galería de decanosContinuando coa tradición, tamén este venres exporase publicamente o retrato do anterior decano de Farmacia, José Miñones Trillo, na galería que o centro posúe para tal fin.