Ir o contido principal
STG

A Cátedra do Camiño profunda nos retos da ruta xacobea ante a COVID-19

Imaxe de arquivo de peregrinos na Praza do Obradoiro. FOTO: Santi Alvite
Imaxe de arquivo de peregrinos na Praza do Obradoiro. FOTO: Santi Alvite
As pezas audiovisuais que xa poden consultarse en USC TV son froito das xornadas celebradas o pasado mes de xullo
Santiago de Compostela

A Cátedra do Camiño de Santiago e as Peregrinacións, cuxa creación foi froito da colaboración entre a USC e Turismo de Galicia, acaba de publicar os vídeos das ‘XIII Leccións Xacobeas Internacionais na USC: o Camiño, o Peregrino e o Patrimonio ante os retos da COVID-19’ que se desenvolveron os pasados 19, 20 e 21 de xullo. Os vídeos xa están dispoñibles en USC TV e abordan, entre outros aspectos, os retos que para a ruta xacobea supuxo a pandemia por mor do coronavirus.

Entre os contidos que xa se poden visualizar destacan a intervención do Premio de Investigación sobre o Camiño de Santiago, John K. Moore, catedrático de Linguas e Literaturas Mundiais na Universidade de Alabama, en Birmingham, Estados Unidos. María Isabel Morán Cabanas, Xosé Sánchez Sánchez e Israel Sanmartín, cuxos proxectos de investigación recibiron financiamento por parte da Cátedra, tamén integraron o programa das xornadas. As sesións tamén serviron para profundar nas mulleres no marco do Camiño de Santiago

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.10.2022.