A Cátedra de Enfermidades Metabólicas Hereditarias organiza unha xornada hispano lusa sobre novos retos neste ámbito
A Cátedra de Enfermidades Metabólicas Hereditarias da USC que dirixe José Mª Fraga organiza xunto coa Unidade de Diagnose e Tratamento de Enfermidades Metabólicas Conxénitas do CHUS a Xornada Hispano-Lusa sobre novos retos nos erros conxénitos do metabolismo, que se celebra ao longo de todo este xoves no Colexio Médico de Santiago.
Participan profesionais e investigadores de nove universidades e centros asistenciais de España, Portugal e Holanda. O programa incluíu nove mesas redondas nas que se abordou a partir de diversas intervencións o seguimento do paciente adulto metabólico, novos patróns de diagnose e seguimento nas enfermidades metabólicas hereditarias ou o manexo do doente metabólico.