A catedrática Pilar Bermejo Barrera ingresa este mércores na Real Academia Galega de Ciencias
A catedrática de Química Analítica da USC Pilar Bermejo Barrera ingresará este mércores 9 na Real Academia Galega de Ciencias como académica numeraria. Nunha sesión protocolaria a partir das 19.00 horas no Pazo de San Roque (r/ San Roque 2), pronunciará o seu discurso de ingreso titulado ‘ Importancia dos metais nas ciencias da vida: especiación de elementos traza e metanómica’.
Pilar Bermejo Barrera, actual decana da Facultade de Química, completou a súa formación na Universidade de Plymouth (Reino Unido) e é a investigadora principal do grupo ‘Elementos traza, espectroscopía e especiación’. Foi coordinadora do programa piloto ECTS de Erasmus na Área de Química, da rede ECTN (European Chemistry Thematic Network) e do programa TASSEP (Transatlantic Science Student Exchange Programme). Ademais desenvolveu abundantes actividades encamiñadas da mellorar a percepción social da Química.