Ir o contido principal
STG

Catro profesoras optarán a reitora da Universidade de Santiago nas eleccións do 12 de febreiro

As eleccións a reitora serán o 12 de febreiro. Foto: Santi Alvite
As eleccións a reitora serán o 12 de febreiro. Foto: Santi Alvite
A Comisión Electoral Central publicou este venres a proclamación definitiva de candidatas

A Comisión Electoral Central vén de publicar a proclamación definitiva de candidatas a reitora da Universidade de Santiago. Logo de resolverse positivamente o único recurso presentado, ás eleccións do día 12 concorrerán as profesoras María Crujeiras Casais, María Teresa Flores Arias, María José López Couso e Alba Nogueira López.

Ademais da próxima reitora da USC, nesa data elixiranse as persoas representantes no claustro universitario así como nas xuntas de centro e nos consellos de departamento

Campaña e datas dos comicios

Entre o 27 de xaneiro e o 10 de febreiro de 2026 desenvolverase a campaña electoral, destinándose a xornada do día 11 de febreiro para a reflexión. O 13 dese mesmo mes producirase a proclamación provisional de persoas candidatas electas, e a definitiva o día 26.

Nas eleccións a reitor ou reitora, no caso de ser precisa unha segunda volta, a campaña prolongaríase entre o 27 febreiro e o 9 de marzo. O día 12 de marzo terá lugar a proclamación provisional da reitora electa e, logo dun período de recursos, a definitiva coñecerase o 23 de marzo.
 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.12.2025.