Ir o contido principal
STG

O Centro de Linguas Moderna organiza un concurso de teatro en xaponés

O Centro de Linguas Moderna organiza un concurso de teatro en xaponés
O Centro de Linguas Moderna organiza un concurso de teatro en xaponés

A sección de xaponés do Centro de Linguas Modernas organiza o próximo 26 de febreiro un concurso de teatro en xaponés. A finalidade é que o alumnado de lingua xaponesa poida achegarse aos costumes e á cultura de Xapón facendo intercambio de información e coñecementos entre eles, ao tempo que ter a oportunidade de avanzar nos seus coñecementos culturais e lingüísticos a través dunha práctica de teatro en xaponés. O concurso celébrase o mércores 26 no Salón de actos da Facultade de Filoloxía da USC, con entrada de libre acceso a todo o público interesado. Para participar poderanse organizar equipos de ata un máximo de cinco persoas (incluíndo guionistas, actores/actrices,...) que presentarán unha peza que non excederá de 10 minutos de duración, a partir dun guión orixinal e producido polos propios estudantes de xaponés. A participación está aberta a alumnado e ex alumnado do Centro de Linguas Modernas con independencia do nivel de coñecemento do idioma. O equipo gañador deste concurso obterá o dereito de participación no ‘I Concurso de Teatro en Xaponés, España 2014’ que se celebra no mes de xuño en Madrid. Ademais dun premio sorpresa, terán dereito a billetes de ida e volta a Madrid para participar na competición estatal así como ao aloxamento. Próximas edición dos cursos

Con independencia da celebración deste concurso, a próxima edición do curso de iniciación á lingua xaponesa terá lugar no Campus compostelá no marco dos cursos de verán do CLM dende o 7 ata o 18 de xullo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.02.2014.