Centros da Gudiña e Pontevedra gañan o concurso estatístico ‘Incubadora de Sondaxes e Experimentos’

O CPI Laureano Prieto de A Gudiña (Ourense) e o IES A Xunqueira 1 (Pontevedra) son os gañadores do terceiro concurso ‘Incubadora de Sondaxes e Experimentos’ que convoca a Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación Operativa (SGAPEIO) coa colaboración da Facultade de Matemáticas da USC, a Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, o Instituto Galego de Estatística e a Fundación Barrié. A entrega de premios tivo lugar este xoves na Facultade de Matemáticas compostelá. Entre os traballos presentados a esta terceira convocatoria, o xurado premiou na categoría de 1º e 2º da ESO o proxecto do CPI Laureano Prieto ‘Quen planta lume ao monte?’, dos e das estudantes Alba González Barreira, Alba Pérez Macia, Alba Rúa Diéguez e José Ignacio Fernández López, titorizados por Luis González Jove. ‘¿E ti como empezas o día?’ é o título do traballo gañador dos cursos 3º e 4º da ESO que asinan, do IES A Xunqueira 1, Jesús Fontán Dapena, Nerea Santiago Barrio, Sofía Pérez-Ardá Rodriguez e Uxía García Castiñeiras, titorizados por Mª del Carmen Quireza Ramos. Este traballo participará na III Fase Nacional do Concurso que se celebrara en Santiago os días 3 e 4 de xullo. Mencións especiais O xurado quixo recoñecer ademais outros traballos presentados, que recibiron unha mención. Entre os de 1º e 2º da ESO destacan ‘Influiu a lúa no teu nacemento?’ do CPI Cova Terreña (Baiona) de Uxía Miniño González, Alejandro Barreiro Sánchez, José Barra Carneiro e Alberto Trapero Beloso, titorizados por Andrea Piñeiro Álvarez, e ‘Estudo comparativo dos micromamíferos de dúas covas nas inmediacións de Riocereixa (Pedrafita do Cebreiro, Lugo)’ dos estudantes María Blanco Oliveira, Ana Isabel Hermida Costa e Claudia Marcela Pereira Neves do CPI Laureano Prieto (A Gudiña), com Beatriz Boán Fernández como titora. Entre os de 3º e 4º da ESO entregouse unha mención ao traballo ‘Tempo e clima en San Sadurniño’ , do CPI San Sadurniño, da autoría de Alba María Garrote Blanco, David Luaces López, Eloy Arnosa Prieto y Iria Facal López, titorizados por Julia Ríos Grueiro. Na categoría Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Médio, o xurado acordou deixar deserto o premio, concedéndose mención especial ao traballo ‘Sondaxe sobre produtos financeiros en Ourense’ do Colexio Marista Santa María (Ourense) e dos estudantes Jimena Aguarón Espinosa, Miguel Herrero Álvarez, Pedro Rabanal Ortiz e Mario Tarrío Soto, titorizados por Luis Ángel Arias Gómez. O xurado O xurado desta terceira edición do concurso estivo presidido por Pedro Faraldo Roca, vicepresidente da SGAPEIO, sendo secretaria Covadonga Rodríguez-Moldes do IES de Mugardos. Como vogais actuaron Indalecio Cabana Leira, da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria; Javier Roca Pardiñas , da Universidade de Vigo ; Rosa E. Fernández González, do Instituto Galego de Estatística; e Simón Villamayor Álvarez, da Asociación de Bolseiros de Posgrao da Fundación Barrié.