Ir o contido principal
STG

O CIQUS abre as súas portas a escolares e público interesado en coñecer as particularidades da Química

Máis de medio millar de escolares de Santiago e a súa comarca familiarizaranse coa Química no CIQUS
Máis de medio millar de escolares de Santiago e a súa comarca familiarizaranse coa Química no CIQUS
É nunha iniciativa organizada conxuntamente coa Facultade de Química coa gallo do Ano Internacional da Química 2011

Transmitir nunha visión actual da química e a importancia desta ciencia no desenvolvemento científico e tecnolóxico global, así como a oferta académica da química na USC. Con este obxectivo botaron a andar as xornadas ‘Achégate á Química!’, promovidas polo Centro de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CIQUS) e a Facultade de Química da USC e que se desenvolverán ata o venres 25. Ao longo destes tres días máis de medio millar de alumnos de Bacharelato e ESO de quince centros e institutos de Santiago e a súa comarca coñecerán as particularidades da Química través das instalacións e o traballo que se desenvolve nos dous centros universitarios. Esta é unha iniciativa organizada co gallo da celebración do Ano Internacional da Química 2011. Xunto ás visitas dos rapaces e rapazas, o CIQUS acollerá pola tarde xornadas de portas abertas dirixidas ao público en xeral interesado en coñecer as particularidades deste centro. As persoas que decidan acudir poderán presenciar experimentos e demostracións que ilustren a “maxia” da Química, a explicación do funcionamento dun laboratorio de investigación real e de sofisticados instrumentos científicos. Tamén se organizará unha exposición de carteis que expliquen en clave divulgativa algunhas das liñas de investigación do centro. Estas xornadas de portas abertas para o público interesado desenvolveranse en horario de 17.00 a 20.30 o mércores e o xoves, e de 18.00 a 22.30 horas o venres 25.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.11.2011.