Ir o contido principal
STG

O Claustro someterá a aprobación as Liñas Xerais do Orzamento 2014

O Claustro Universitario tratará este mércores en sesión ordinaria a aprobación das Liñas Xerais do Orzamento para 2014, así como a ratificación da proposta do Consello de Goberno sobre nomeamentos de doutora honoris causa. A reunión comezará ás 9.30 horas (10.00 horas en segunda convocatoria) no Salón de Actos da Facultade de Psicoloxía e, entre os puntos do día tamén figura o informe do Valedor da Comunidade Universitaria.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2014.