O novo Claustro da Universidade de Santiago constitúese este xoves
O novo Claustro da Universidade de Santiago de Compostela constituirase este xoves 16 nunha sesión extraordinaria que comezará ás 9.00 horas (9.30 en segunda convocatoria) no Salón de Actos da Facultade de Psicoloxía e na que se elixirán os membros da mesa e da comisión electoral central. Deseguido, ás 11.00 horas, dará comezo unha segunda sesión ordinaria na que o reitor Juan Viaño presentará o seu informe que dará paso a un debate. A xornada rematará coa elección dos representantes do Claustro no Consello de Goberno e dos membros das comisións de Normalización lingüística, Asesoramento e axuda ao Valedor, Reclamacións, Organización docente, Investigación, Asuntos económicos, Actividades culturais, Desenvolvemento estatutario e Titulacións e programas de estudos.