Clausura do Curso de Primavera en Humanidades
O Curso de Primavera organizado por Lugo Cultural na Facultade de Humanidades chega ao seu remate despois dunha semana de análise do eido humanístico desde diferentes perspectivas.
As xornadas, ás que asistiron máis de 150 alumnos, rematan este venres 20 as 19:30 horas, coa conferencia da docente da Nova Universidade Búlgara, María Kítova-Vasíleva, quen disertará sobre ‘A língua nacional en condicións de globalización e as influencias estranxeiras’.
A continuación, nun breve acto, o vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero Latorre, e o decano da Facultade de Humanidades, Alexandre Veiga, clausurarán o curso, antes da entrega das certificacións de asistencia correspondentes.