Ir o contido principal
STG

Comezou o encontro internacional que analiza na USC as últimas metodoloxías en teoría literaria e o seu papel no discurso académico actual

O catedrático da Universidade de Cardiff Christopher Norris pronunciou a conferencia inaugural do seminario e impartirá ao longo desta semana un curso sobre teorías contemporáneas da literatura e a...
O catedrático da Universidade de Cardiff Christopher Norris pronunciou a conferencia inaugural do seminario e impartirá ao longo desta semana un curso sobre teorías contemporáneas da literatura e a...
Christopher Norris, un dos críticos e teóricos máis relevantes neste ámbito de estudo, pronunciou a lección inaugural

O grupo de investigación da USC Discurso e Identidade, que coordina o profesor José Manuel Barbeito Varela, organiza ao longo desta semana en Santiago o seminario ‘The 'Age of Theory' in Perspective’ en torno aos últimos avances e metodoloxías en teoría literaria e o seu papel no discurso académico actual. O encontro, a desenvolver do 14 ao 18 na Facultade de Filoloxía, conta coa participación do catedrático da Universidade de Cardiff, Christopher Norris, un dos críticos e teóricos máis relevantes na actualidade neste eido. Precisamente el foi quen pronunciou a conferencia inaugural este luns no salón de graos da Facultade compostelá. O resto dos relatorios correrán a cargo de Esteban Pujals, Daniel Essig e María Lozano, da Autónoma de Madrid; e César Domínguez, José María Díaz Lage e Jorge Sacido, da Universidade de Santiago. O seminario rematará o venres 18 cunha conferencia de Christopher Norris no centro compostelán sobre realismo especulativo. O experto da Universidade de Cardiff será o encargado ademais de impartir durante toda a semana un curso sobre teorías contemporáneas da literatura e a cultura.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.01.2013.