Ir o contido principal
STG

Unha comisión de expertos visitará Matemáticas para a renovación da acreditación de títulos oficiais do centro

Unha comisión de expertos para a renovación da acreditación de títulos oficiais visitará a Facultade de Matemáticas para avaliar o Grao en Matemáticas, o Máster en Matemáticas e o Máster en Técnicas Estatísticas. A comisión reunirase co equipo decanal, coa Comisión de Calidade do Centro e cos distintos colectivos implicados (PDI, PAS, estudantes, egresados e empregadores) ao longo dos días 18 e 19 de marzo. Antes do transcurso de seis anos contados desde a data da súa verificación inicial ou dende a última acreditación, os títulos universitarios oficiais de grao deberán ter renovado a súa acreditación de acordo co procedemento e prazos que as comunidades autónomas. Así mesmo, os títulos de máster deberán someterse ao procedemento sinalado antes do transcurso de catro anos. O programa de renovación da acreditación da ACSUG, no que participa a USC a través da Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade, pretende garantir o cumprimento dos compromisos asumidos nas memorias de verificación tanto en xestión do título, como en resultados da aprendizaxe e indicadores de satisfacción.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.03.2014.