Ir o contido principal
STG

Os compañeiros do profesor Carlos Buján sorpréndeno cunha homenaxe na Facultade

Os compañeiros do profesor Carlos Buján sorpréndeno cunha homenaxe na Facultade
Os compañeiros do profesor Carlos Buján sorpréndeno cunha homenaxe na Facultade

Compañeiros e colegas do profesor Carlos Buján López, catedrático dende 1979 e fundador da área e da titulación de Filoloxía Alemá na Universidade de Santiago, sorprendérono este venres cunha homenaxe por mor da súa xubilación precisamente no día do seu aniversario. Ao emotivo acto asistiu o claustro docente e persoal traballador da facultade de Filoloxía ademais de colegas doutras universidades que compartiron con el inquedanzas académicas e científicas. Participou tamén o reitor compostelán, Juan Casares, e o decano do centro, Ernesto González. Entre todos eles nun ambiente distendido fixeron unha semblanza do homenaxeado contribuíndo así a dignificar, se cabe aínda máis, a súa faceta persoal e profesional.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.06.2011.