Ir o contido principal
STG

As Compañías de Teatro e Títeres do Campus participarán na V Mostra de Teatral Cidade de Lugo

As Compañías de Teatro e de Títeres do Campus de Lugo participarán na quinta edición da Mostra Cidade de Lugo que organiza o Concello coa plataforma de teatro 'Cidade de Lugo' contando coa colaboración da Vicerreitoría de Cultura da USC e o apoio da Escola 'Arte e Lecer' e que se celebrará entre os días 20 e 24 de abril.
Nesta edición participarán un total de oito grupos entre os que se atopan as dúas compañías universitarias; cinco grupos de afeccionados, Achádego, Nostrum-cai, Nova Escena, Pincharcarneiro e Hipócrita; e a Aula de Formación Teatral da Concellaría de Educación. Todas as representacións terán lugar no Auditorio Gustavo Freire ou no Círculo das Artes e a entrada ten un custe de dous euros.
A Compañía de Teatro do Campus inaugurará a mostra coa representación, o venres día 20 ás 20:30 horas no Auditorio Gustavo Freire, da obra ‘O Público’ de Federico García Lorca, adaptada ao galego e baixo a dirección de Paloma Lugilde. Pola súa banda a Compañía de Títeres representará a peza ‘Pirula no vertedoiro’ o domingo 22 ás 16:00 horas no Círculo das Artes.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.04.2007.