A comunidade chinesa da USC celebra a próxima semana o Ano Novo chinés

A comunidade chinesa na USC celebrará o próximo 4 de febreiro o Ano Novo chinés ou Festival de Primavera cunha xornada no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía entre as 19.30 e as 21.30 horas na que se inclúen diversas actividades que permitirán dar a coñecer a cultura e tradicións dese país.
Considerada unha das celebracións máis importantes en China, o ano novo determínase conforme ao calendario lunar, polo que é variable aínda que sole concentrarse entre xaneiro e febreiro. O actual, 2016, será o ano do mono.
Na xornada do próximo luns na Facultade de Filoloxía, está prevista unha serie de actividades que inclúen cancións tradicionais e bailes típicos, unha exhibición de kung-fu, así como outras de carácter lúdico para favorecer a interacción das persoas que acudan e que permitan trasladar os costumes asociados a esta celebración.