Ir o contido principal
STG

O concurso ‘Explícoche Matemáticas 2.0’ abre os prazos da súa cuarta edición

O concurso ‘Explícoche Matemáticas 2.0’ abre os prazos da súa cuarta edición
O concurso ‘Explícoche Matemáticas 2.0’ abre os prazos da súa cuarta edición
Cada participante debe preparar un vídeo de dous minutos de duración máxima sobre un tema relacionado coas Matemáticas realizado en galego

O galego e as matemáticas volven darse a man no concurso ‘ Explícoche Matemáticas 2.0’, que acaba de abrir os prazos da súa cuarta edición promovido pola Facultade de Matemáticas este ano coa colaboración de educaBarrié, a iniciativa da Fundación Barrié para a comunidade educativa. Para participar, cada participante ou grupo preparará un vídeo de dous minutos de duración máxima sobre un tema relacionado coas Matemáticas. A temática e enfoque pode ser máis formal (definición dun concepto, teorema, idea intuitiva ou aplicación) ou recoller manifestacións diversas da matemática na vida cotiá, de carácter cultural, artístico ou social. É condición indispensable que o vídeo estea realizado en lingua galega e que as propostas sexan inéditos e orixinais. As propostas poderán presentarse ata o próximo 8 de abril. O certame organízase en dúas modalidades segundo os participantes: por unha banda o alumnado de calquera das tres universidades galegas procedentes de titulacións de grao ou máster que poderán participar de maneiro individual ou en grupos de como máximo tres persoas; e por outra, estudantado de 3º e 4º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato dos centros de educación secundaria de Galicia en grupos dun máximo de tres integrantes coordinados por un/ha docente. Outorgarase un premio por cada categoría, consistente en material informático, audiovisual, didáctico ou educativo, ademais de que se recoñecerá o vídeo mellor valorado por internautas O xurado que valorará os proxectos presentados integrarano a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Matemáticas, un docente de ensino medio, un representante do Servizo de Normalización Lingüística da USC e un representante da Fundación Barrié. ‘Explícoche Matemáticas 2.0’ promove a utilización do galego como medio de transmisión das Matemáticas, así como a creatividade do alumnado.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.02.2015.