Ir o contido principal
STG

Nova conferencia do Instituto de Investigación Sanitaria

María García García, do Departamento de Fisioloxía da USC, impartirá este xoves 18 no CHUS unha nova sesión do Instituto de Investigación Sanitaria.
‘Factores asociados ao sistema inmune e homeostase enerxética durante a xestación e o desenvolvemento posnatal’ é o título da charla que terá lugar ás 13:30 horas na Aula 1 do complexo hospitalario compostelán.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.12.2008.