Ir o contido principal
STG

Conferencia este mércores en Humanidades sobre a profesión de arquiveiro

Baixo o título ‘Arquiveiro: ¿unha profesión con futuro?’ desenvolverase este mércores 14 ás 18.00 horas unha conferencia na Facultade de Humanidades de Lugo. Serán María Dolores Oliveira Pereira, directora do Arquivo Histórico Provincial de Lugo, e Olimpia López Rodríguez, directora do Arquivo Xeral da Xunta de Galicia en Lugo, as que interveñan esa xornada, na que farán especial incidencia na profesionalización e en cuestións referentes á problemática actual no eido arquivístico. Esta actividade, coordinada polo profesor Gonzalo Francisco Fernández Suárez, enmárcase na rolda de intervencións de diferentes profesionais das ciencias humanas e sociais e da xestión cultural que se veñen desenvolvendo ao longo do presente curso académico.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.12.2011.