Nova conferencia da Rede de Ciencias e Materiais Moleculares
O profesor da Universidade Jaume I Juan Andrés Bort participa este xoves 8 no ciclo de cursos, seminarios e conferencias que a Rede de Ciencias e Materiais Moleculares organiza ao longo de 2010.
Na Aula Magna da Facultade de Química, a partir das 12:00 horas, Bort pronunciará a conferencia ‘Análise da reactividade química mediante a función de localización electrónica e a teoría de catástrofes’.