Conmemorouse na Facultade de Química a festividade de San Alberte Magno
As facultades de Ciencias, Física, Química, Bioloxía e Matemáticas celebraron este venres 13 a festividade do seu patrón San Alberte Magno nun acto protocolario na Aula Magna da Facultade de Química.
Baixo a presidencia do reitor Senén Barro, xunto a el estiveron presentes nesta sesión os decanos Francisco Fraga, Mª Ángeles López Agüera, Ramón Estévez, Jaime Gómez Márquez e Mª Victoria Otero Espinar. Completando o programa do acto, o doutor Marcos Martinón-Torres foi o encargado de pronunciar a conferencia ‘San Alberte Magno e a pedra filosofal: arqueoloxía, superstición e ciencia na universidade’.