Ir o contido principal
STG

O Consello Social da Universidade de Santiago celebra o vindeiro luns unha xuntanza do seu Pleno

O Consello Social da Universidade de Santiago celebra o vindeiro luns unha xuntanza do seu Pleno

O pleno do Consello Social da Universidade de Santiago reunirase o vindeiro luns, día 19, para tratar o informe sobre a modificación da relación de postos de traballo do persoal docente e investigador e a modificación de Cursos de Posgrao propios, entre outros asuntos. A reunión celebrarase a partir das 17:00 horas no seus Salón de Plenos na Casa da Concha (rúa da Conga, 1).
Outros puntos de análise da xuntanza serán a avaliación de méritos docentes, o Plan Plurianual de Obras RAM, a proposta de acordo sobre retribucións de antigüidade do PAS funcionario interino e a participación da USC na Fundación Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo (CETAL) e na creación da Fundación Dieta Atlántica.
Completan a orde do día deste pleno a aprobación da venda de dúas patentes da USC á sociedade de inversores CIFGA, da memoria anual de actividades do Consello Socia correspondente a 2006, de doazóns a favor da USC, e a información relativa ao convenio entre a USC e o Consello de Santiago para a cesión de parcelas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.05.2022.