Ir o contido principal
STG

A consulesa xeral de Arxentina en Vigo visita este martes a exposición sobre o escritor Julio Cortázar en Filoloxía

Detalle do cartel da mostra sobre Julio Cortázar
Detalle do cartel da mostra sobre Julio Cortázar
O profesor Guillermo Rojo imparte este xoves a conferencia 'A facultate condita', dentro do ciclo de ex decanas e ex decanos que conmemora os 50 anos do centro

A Facultade de Filoloxía recibe este martes 22 de outubro a partir das 12.00 horas a visita da consulesa xeral da República Arxentina en Vigo, Silvina Montenegro, acompañada pola responsable de Asuntos Culturais do Consulado, Vera Pozzi. Durante a súa visita, percorrerán a mostra dedicada ao escritor arxentino Julio Cortázar, organizada pola Facultade e o Museo del Escritor en Madrid.

A visita, na que estará presente o vicerreitor de Profesorado, Ernesto González Seoane, permitirá establecer un diálogo entre o Consulado Xeral da Arxentina e a USC, co obxectivo de explorar novas liñas de cooperación en proxectos culturais, académicos e institucionais que poidan fortalecer os lazos entre ambas as entidades.

Conferencia de Guillermo Rojo
Outra das actividades culturais da semana en Filoloxía é a protagonizada polo profesor Guillermo Rojo, quen imparte este xoves 24 de outubro a partir das 12.00 horas a conferencia 'A facultate condita' no Salón de Graos da Facultade. Trátase da segunda das conferencias do ciclo de ex decanas e ex decanos do centro, organizado dentro dos actos de celebración do 50 aniversario da Facultade.

Guillermo Rojo foi docente de Filoloxía desde 1970 e desde 1981 catedrático de Lingua Española; foi decano do centro entre os anos 1983 e 1985. No ano 2001 ingresou como académico de número na Real Academia Española.

Guillermo Rojo Sánchez
Guillermo Rojo Sánchez
Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.10.2024.