Continúa a campaña de doazón de sangue na USC
A primeira fase da campaña de doazón de sangue no novo curso da USC continúa os días 17, 18 e 19 deste mes nos campus de Lugo e Santiago.
No campus compostelán, a unidade de doazón do Centro de Transfusión de Galicia estará este martes 17 na biblioteca da Facultade de Química, dende as 10:00 ata as 14:30 horas, e dende as 15:30 ata as 21:00 horas. O mércores 18, a unidade móbil situarase diante da entrada principal da Escola Técnica Superior de Enxeñería, dende as 9:30 ata as 14:30 horas, e dende as 15:30 ata as 21:00 horas. O mesmo horario terá a unidade móbil que estará o xoves 19 no aparcamento das facultades de Psicoloxía e Ciencias da Educación.
Campus de LugoEn Lugo, a unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará o mércores 18 na entrada da Facultade de Ciencias, en horario de 9:30 a 14:30 horas, e de 15:30 a 21:00 horas.