Ir o contido principal
STG

Continúa a campaña de doazón de sangue na USC

A Universidade de Santiago, en colaboración co Centro de Transfusión de Sangue, continúa esta semana coa campaña de doazón dirixida aos universitarios dos distintos campus.
Así, o mércores 15 instalarase en Lugo unha unidade móbil para a Facultade de Humanidades e as Escolas de Enfermaría e de Relacións Laborais que estará emprazada no aparcamento do edificio, diante da cafetería, en horario de 9:30 a 14:30 e de 15:30 a 21:00 horas.
En Santiago, o xoves 16 haberá unha unidade diante da entrada principal da Facultade de Ciencias da Educación, en Xoán XXIII, co mesmo horario.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.04.2009.