Ir o contido principal
STG

Continúan expostas en Económicas as obras presentadas ao concurso de pintura CreArte na Universidade

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais expón ata o 10 de maio no vestíbulo do centro as obras presentadas á II edición do concurso de pintura CreArte na Universidade. O xurado –formado por Francisco Durán, Emilia Vázquez, Juan Monterroso, Cristina Carballedo e Xurxo Martiño– outorgou o premio a Javier Sande Iglesias pola súa obra Paisaxe na néboa. Ao tempo, outorgouse unha mención especial a Yonatan Castro Cambre polo seu Collage.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.04.2013.