Ir o contido principal
STG

A Cova de Eirós, premio da Crítica de Galicia 2022 a Iniciativas Culturais e Científicas

Imaxe de arquivo da investigación
Imaxe de arquivo da investigación
O xurado salientou desta investigación desenvolvida na USC, “a importante dimensión espacial e temporal dunha iniciativa cultural e científica de longo alento, que abre as portas ao coñecemento do Paleolítico no territorio galego”
Santiago de Compostela

O traballo desenvolvido polo Grupo de Estudos para a Prehistoria do Noroeste. Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio do departamento de Historia da USC foi recoñecido este sábado 19 no marco dos Premios da Crítica 2022, na categoría dirixida a iniciativas culturais e científicas. O xurado salientou “a importante dimensión espacial e temporal dunha iniciativa cultural e científica de longo alento, que abre as portas ao coñecemento do Paleolítico no territorio galego”. O ditame tamén destaca “o potencial desta investigación para a dinamización dun espazo rural de menos de mil habitantes e as sinerxías coa veciñanza propiciadoras da declaración de Ben de Interese Cultural (BIC) en 2017”.

O xurado da XLV edición dos Premios da Crítica de Galicia da modalidade de Iniciativas Culturais e Científicas, estivo formado por  Xosé Aldea, editor e xestor cultural; Lois Celeiro Álvarez, xornalista; Belén López Vázquez, editora; Celia Pereira Porto, avogada, presidenta da Fundación Vicente Risco; Mar Mato, xornalista cultural; Xosé Luís Regueira, membro da RAG e profesor da USC; e Xosé María García Palmeiro, xornalista. Foron finalistas nesta modalidade Cabreiros (Xermade). Vintecinco anos dunha experiencia rural colectiva; e Código Cero Comunicación.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.11.2022.